El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Visibilización, tributo, visitae gala amesá por Rosalía

M.M.   | 18.02.2018 
A- A+

A Maía. Ames volve a homenaxear a Rosalía de Castro polo aniversario do seu nacemento, desenvolvendo unha serie de iniciativas da man de Normalización Lingüística agrupadas na programación Ames con Rosalía. O propio 24 de febreiro, efeméride do nacemento do autora, realizarase un acto homenaxe que contará con lecturas, dramatizacións, videocreacións e coa actuación de Sonia Lebedynski (día 24, casa da cultura do Milladoiro, 19.00 h.).

Do mesmo xeito, a programación tamén engloba diferentes iniciativas como o Café con verso (dende o día 24) ou os Escaparates de Rosalía (dende o 23), no eido da hostalaría e do comercio, Rosalía tamén vive aquí, no ámbito educativo ou Viaxando con Rosalía, unha excursión poética á casa de Rosalía o día 10 de marzo coa escritora María López Sández, encargada de achegar a figura e a obra rosaliana nesta viaxe (reservas en normalizacion@concellodeames.gal). Organizadas pola concellaría de Normalización Lingüística, as diferentes actividades programadas teñen como obxectivo principal difundir a obra e o pensamento rosaliano entre a veciñanza.

O obxectivo principal de Ames con Rosalía "é o de difundir a obra e o pensamento rosaliano, ao tempo que se pon en valor a lingua galega e se resalta a vixencia e a actualidade de Rosalía de Castro". Así mesmo, a programación busca valorizar e destacar o vínculo entre o Concello e a escritora, así como socializar e promover comercio e hostalaría.