El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Volve a Carballo esta fin de semana Expo Voda con 28 firmas participantes

Haberá degustacións, música e sorteos e vaise recrear un casamento en directo

C. E. CARBALLO  | 06.11.2019 
A- A+

Expo Voda, o Salón Nupcial e de Comuñóns que organiza o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo, chega esta fin de semana á súa sétima edición "máis forte ca nunca", como destacaron dende o goberno local na presentación do evento.

A xerente da entidade, Carmen Freire, foi a encargada de debullar o programa de actividades que se desenvolverán. Ademais dos 28 expositores que amosarán todas as novidades en organización e celebración de eventos, a cita inclúe unha proposta de ocio con degustacións gastronómicas, música, sorteos e tamén a recreación dun casamento, "aínda que seguimos intentando contar con noivos de verdade", comentou ó respecto.

Estarán na planta alta do mercado municipal Dmusik, Interfilm Carballo, Fanuchas creadora de dozura, Alfombra Roja Zapatería, Bodorrio, Marián Riestra Fotografía, Alonso Moda, Jenifer Vilariño Fotografía, Criss Becerra Fotografía, Mundiviajes, Anim-art, Galimusic, Aturuxo Disco, Retrátate Fotomatón, Sastrería Miguel, Finca Restaurante O Cadaval, Beauty Room, Floriforma, Mmmm! Xeados, Confitería San Luís, VisualK Vídeo, Mon Amic, Aires de Novia, Neo Beat Events, Mary Kay, O Recreo Animación, Carla Romalde Música en directo e Pazo de Vilardefrancos.

A entidade agradeceu o apoio do Concello no financiamento e no desenvolvemento do salón, que ten un orzamento de 10.000 euros. O alcalde, Evencio Ferreiro, pola súa banda, desexou un percorrido aínda máis longo para o salón.