El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Xornada contra o sexismo esta tarde en Boqueixón

A.P.   | 09.11.2019 
A- A+

BOQUEIXÓN Boqueixón organiza a partir das 17.00 horas na casa da cultura de Camporrapado a I Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller. Tres sobrevivintes a esta lacra contarán as súas experiencias nunha mesa debate titulada A realidade da violencia de xénero. Ademais a xornada incluirá actuacións musicais a cargo da pianista Sofía Silva Carbajales e da violinista Marina Vidal Míguez. Tamén se estreará a exposición fotográfica BlasFemia, que se poderá ver na casa da concello entre o 25 de novembro e o 20 de decembro. Clausurarán a xornada o adiovisual Ana sempre está aquí, comigo; unha nova actuación de Sofía Silva e outra de Marina Vidal. Organiza o Centro de Información á Muller boqueixanés.