El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Xunta colabora con Amarai engadindo cinco prazas ás 22

O presidente da entidade pediu máis fondos para o Servizo de Transporte Adaptado // Máis de 200 persoas asistiron á gala

a, 1º esquerda, J.L. García, segundo, Diego Calvo e Anxo Queiruga  - FOTO: Xunta
a, 1º esquerda, J.L. García, segundo, Diego Calvo e Anxo Queiruga - FOTO: Xunta

ALBA PRADA. ARZÚA  | 28.10.2017 
A- A+

A casa da cultura de Arzúa acollía onte pola tarde a gala do XX aniversario da Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoia á Integración da comarca de Arzúa e Melide (Amarai). Un acto que contou coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que aproveitou a sua intervención para anunciar un incremento da colaboración con esta entidade. E é que dende a Xunta van aumentar en cinco as prazas concertadas nos centros de día ocupacional no edificio de recursos que Amarai ten no municipio coruñés de Boimorto.

En concreto, serán catro para o centro ocupacional da entidade e unha para o centro de día. Esto elevará a oferta global na entidade ata as 27 prazas; quince delas destinada á atención diúrna e as outras doce para o centro ocupacional.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt