El Correo Gallego

Noticia 15 de 25 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Andaina polo río Vilacoba este sábado en Lousame

E. P.   | 24.04.2019 
A- A+

LOUSAME Galicia Senderismo, en colaboración co Concello de Lousame, organiza este sábado, 27 de abril, unha ruta pola conca e o val do río Vilacoba, entre muíños, pozas e antigas fábricas de papel do municipio lousamiá. Trátase dunha andaina circular de 20 quilómetros que ten unha dificultade media e, pola súa lonxitude, está recomendada para persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos. Os sendeiristas que desexen participar deberán formalizar a súa inscrición na web www.galiciasenderismo.com antes das 20.00 horas do venres. O prezo é de 12 euros por persoa (participantes non federados) e 10 euros (federados). Os camiñantes sairán ás 10.15 da Tapería A Do Panadeiro (Tállara) con chegada aproximada ás 18.00 horas.