Miércoles 23.10.2019 Actualizado 20:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 31 de 58 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Charla informativa sobre a xestión da biomasa na casa da cultura lousamiá

E. P.   | 12.06.2019 
A- A+

LOUSAME O Concello de Lousame convoca aos veciños da parroquia de Tállara a unha charla informativa que terá lugar hoxe, ás 12.30 horas, na casa da cultura lousamiá. Esta xurde despois de que o núcleo fose seleccionado para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa en faixas secundarias, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os lumes forestais. Deste xeito, os propietarios das parcelas situadas nas faixas das aldeas de Tállara que desexen que o sistema público se faga responsable da xestión da biomasa das súas parcelas poderán facelo a través do Concello, mediante a sinatura dun contrato. A través deste sistema, o custo para os propietarios será de 350€ por hectárea e ano, unha cantidade que se entende inferior aos prezos económicos das actividades prestadas. Así, estímase que para unha parcela media de 1.000 metros cadrados a tarifa oscilará entre os 35 e os 42 €. Se o custo da limpeza fose superior a esa cifra, o propietario non tería que pagalo.