El Correo Gallego

Noticia 24 de 44 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Comezan os traballos de ampliación da ponte de Berrimes, en Lousame

Substituirase por unha nova estrutura que permita o paso de vehículos e peóns

A estrada pechouse ata finalizar os traballos - FOTO: Concello de Lousame
A estrada pechouse ata finalizar os traballos - FOTO: Concello de Lousame

E. P. LOUSAME  | 02.05.2019 
A- A+

O Concello de Lousame iniciou esta semana as obras de ampliación da ponte de Berrimes na DP-4202, polo que a estrada estará pechada á circulación de vehículos mentres duren os traballos.

A actuación, adxudicada pola Deputación Provincial da Coruña á empresa Nexia Infraestruturas SLU por 173.402 euros, contempla a demolición da estrutura existente sobre o rego Pesqueira e a súa substitución por unha obra de maiores dimensións que permita o paso simultáneo e en condicións de seguridade de vehículos e peóns.

A pasarela actual ten unhas dimensións reducidas. De feito, o tránsito dos peóns discorre polas beiravías sen pavimentar nos laterais da estrada que, ao ser á vez moi estreitos, provocan que os usuarios circulen polo borde.

O Concello de Lousame xa actuara previamente na zona a pasada lexislatura, pero a ponte non se acometera porque precisaba dun financiamento e duns permisos especiais,