El Correo Gallego

Noticia 1 de 24 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Concurso de fotografía

NÓS COMPARTIMOS... E TI?

04.03.2019 
A- A+

Fai unha fotografía de homes e/ou mozos/as de Lousame realizando tarefas domésticas, participando no coidado de menores e/ou maiores e/ou compartíndoas con mulleres.

Envía a foto ao Facebook do Concello de Lousame, por WhatsApp (689 126 385) ou a igualdade@concellodelousame.gal.

Gañará a imaxe con máis “Me gusta”.
O Concello:
- premiará cunha tarxeta regalo “3 DÍAS EN RINCONES ÚNICOS” á fotografía gañadora.
- sorteará a tarxeta regalo “ESCAPADA CON ENCANTO” entre todas as persoas que voten en Facebook.

1- O período de presentación e votación de imaxes estará aberto ata as 15:00 horas do 4 de marzo en www.facebook.com/concellodelousame.

2- É condición imprescindible que unha das persoas da fotografía sexa veciña/o de Lousame e autoricen a difusión da imaxe en Internet.

3- Consulta as bases do concurso no Facebook do Concello de Lousame.