Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Excursión aos Ancares e ó Arde Lucus en Lousame o 16

    Lousame. O Concello e o Club Lousame Deporte organizan unha excursión aos Ancares e á festa Arde Lucus, que terá lugar o vindeiro domingo día 16 de xuño. Unha viaxe dirixida, especialmente, a todas as persoas participantes nas actividades deportivas municipais deste curso, que terán preferencia á hora de inscribirse e para as que o prazo para anotarse estará aberto ata o próximo luns, 10 de xuño.

    Do día 11 ao 14 abrirase un segundo prazo para aquelas persoas que non asistiron as actividades pero que desexan participar na iniciativa. En ambos casos, o prezo da excursión é de 15 euros e inclúe: viaxe e visitas á aldea de Piornedo de Ancares, á Palloza Museo Casa do Sesto e ao Castelo de Doiras. Pola tarde, a expedición asistirá ao Arde Lucus, festa de interese turístico que se celebra na cidade de Lugo.

    A saída está prevista para as 7.45 horas da praza Teodomiro Hidalgo, para regresar ás 22.00 horas. Os interesados poden solicitar información e inscribirse no departamento de Deportes do Concello.

    06 jun 2019 / 21:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito