Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 25 de 55 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

LOUSAME

Graduación de 21 alumnos do CPI Cernadas de Castro

S. S.   | 23.06.2019 
A- A+

Vinteún rapaces e rapazas de 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame (vinte presentes e un por videoconferencia), celebraron a súa graduación e despedida do centro despois de trece anos nel. Un emotivo acto ao que asistiu a concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, que estivo acompañada pola directora do colexio, Pilar Cobas, así como por case un cento de persoas, entre profesorado, familiares e alumnado doutros cursos. Proxectáronse dous vídeos recompilatorios tanto do último ano como de todos os que durou a estancia dos estudantes e rematouse cunha emotiva entrega de diplomas e unha foto de grupo a todos os graduados e graduadas, que responderon cunha flor e un brócoli a modo de ramo para cada un dos seus docentes.