El Correo Gallego

Noticia 9 de 42 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Inician a construción do novo parque infantil no Sanguiñal

Nos últimos catro anos o Concello lousamián leva investidos máis de 200.000 € nestas áreas recreativas no municipio

Imaxe do parque infantil de Sanguiñal (Tállara) onde se está obrando - FOTO: ECG
Imaxe do parque infantil de Sanguiñal (Tállara) onde se está obrando - FOTO: ECG

ESPERANZA POUSO   | 01.07.2019 
A- A+

O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de construción dun novo parque infantil no Sanguiñal, na parroquia de Tállara, no que investirá 44.279 euros. A alcaldesa lousamián, Teresa Villaverde, explicou que ademais dos tradicionais xogos e solo de caucho, "levará unha tirolina e, co tempo, queremos cubrilo para que os nenos e nenas poidan xogar nel no inverno", xa que se trata dun lugar "abrigado e que se presta a facelo, noutros lados é moito máis complexo", puntualizou.

Esta actuación únese á realizada o mes pasado no núcleo de Camboño, onde o executivo local investiu case 18.000 euros para dotar de novo equipamento a esta zona de entretemento. Unha intervención acometida con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería e que permitiu dotar a área dun pavimento de seguridade continuo de caucho para protección fronte a caídas e catro elementos: dous de muelle, un columpio e un equipo combinado para nenos maiores de tres anos formado por torre con tellado, muro de escalada, rede vertical de cordas e tobogán.

Así mesmo, o Concello de Lousame agarda poder comenzar este mismo mes a renovación e mellora dos xogos da zona recreativa do lugar de Vilacova.

Nos últimos catro anos o Concello de Lousame leva investidos máis de 200.000 € na construción e mellora dos parques infantís no municipio: no CPI Cernadas de Castro ou nas unitarias de Escabia e Béxeres.