El Correo Gallego

Noticia 23 de 35 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame acolle hoxe a Audición de Primavera

E. P. LOUSAME   | 29.03.2019 
A- A+

A casa da cultura lousamiá acolle hoxe, ás 20.00 horas, a Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame. Unha xornada na que o alumnado amosará ao público asistente as habilidades adquiridas no que vai de curso e na que está prevista a participación de vinte e cinco nenos e nenas. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar o aforo.