El Correo Gallego

Noticia 16 de 63 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame camiñará contra as violencias machistas o 24

M. C.   | 16.11.2019 
A- A+

O Concello de Lousame convoca a quinta edición da súa Andaina contra a violencia de xénero, que nesta ocasión terá lugar o día 24 de novembro. Unha iniciativa de participación gratuíta, que está aberta á participación de toda a poboación, independentemente da súa idade ou condición física. Poden anotarse antes do 21 na concellería de Igualdade, no 981 820 494 ou no WhatsApp 689 126 385.