El Correo Gallego

Noticia 31 de 35 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame celebra este 8 de marzo con dúas mostras

E. P.   | 05.03.2019 
A- A+

O Concello de Lousame conmemorará este venres, 8 de marzo, Día da Muller con dúas actividades na casa da cultura: a entrega de premios do concurso de fotografía Nós compartimos... e ti? e a inauguración da exposición A metade do ceo, de José Tembra. Uns actos que estarán presididos pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo. Así, ás 20.00 horas as persoas asistentes visitarán a mostra cos 15 traballos participantes no certame. Logo terá lugar a lectura dun manifesto a prol da igualdade, a entrega de premios e a actuación da escola de música municipal. Ás 21.00 horas, desprazaranse ata a sala de exposicións para ver as obras elixidas polo escultor Tembra para renderlle homenaxe á muller.