El Correo Gallego

Noticia 4 de 69 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame dota crédito para pagar facturas antes do vindeiro ano

A Corporación de Lousame nunha das votacións da sesión do pasado venres - FOTO: C. de L.
A Corporación de Lousame nunha das votacións da sesión do pasado venres - FOTO: C. de L.

MARTA TORRES   | 30.12.2019 
A- A+

O Pleno do Concello de L­ousame celebrou a última hora da tarde do pasado venres unha sesión extraordinaria na que aprobou por unanimidade dous recoñecementos extraxudiciais de crédito (REC), de 4.663 euros e 11.454 euros cada un, para o pago de facturas antes de que remate o ano 2019. Dous puntos que a Corporación sacou adiante en tan só uns minutos. A alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, explicou que "a modificación de crédito xa se fixo pero como son facturas que non tiñan consignación no seu momento, teñen que vir a pleno".

Cómpre lembrar que nunha sesión celebrada este mesmo mes, o Pleno tamén deu luz verde a un REC por valor de 32.688 € para facer frente ao pago de facturas pendentes coa firma Unión Fenosa. Un acordo necesario para así "non reducir a cantidade dedicada a obras a través do POS+ 2020", dixo a rexedora.