El Correo Gallego

Noticia 17 de 63 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame participou no foro da cooperación da lusofonía en Santiago

M. C.   | 18.11.2019 
A- A+

O Concello de Lousame participou no Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, celebrado a semana pasada en Santiago, e que deu os primeiros pasos para a creación da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da ONU.

Representantes de Galicia (entre os que figuraba o Concello lousamián), Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Cabo Verde e mais São Tomé e Príncipe participaron no encontro organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para achegarlle a realidade dos países de fala portuguesa aos municipios galegos e, ao tempo, reflexionar sobre as relevantes achegas dos gobernos locais á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU.

Lousame estivo representado por polo técnico de Deportes, Néstor Romero, que tamén participa no programa Vacacións con Traballo do Fondo Galego, que o levará os próximos meses á vila de Nhamayábue (Mozambique).