El Correo Gallego

Noticia 9 de 11 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame ten cero débedas e un aforro neto positivo

E. POUSO   | 02.03.2019 
A- A+

Lousame. O Concello de Lousame rexistrou un superávit de 311.333 euros no exercicio de 2018, no que o resultado orzamentario foi de 181.530 € e un remanente de tesourería de 279.291. Unhas cifras ofrecidas pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, durante a sesión plenaria extraordinaria celebrada o xoves na localidade. No mesmo ratificou que cumpren coa regra de gasto e o límite de endebedamos, que está situado no 39,33 por cento fronte ao 70% marcado como límite. "Penso que son uns bos datos e que son resultado do traballo feito", concluíu a mandataria.

Por outra banda, tamén se aprobou, coa abstención do PSOE, a delegación na rexedora municipal da competencia de sinatura do expediente de contratación 5/2019: reforzo do firme do viario que conecta Portobravo e Tállara.