El Correo Gallego

Noticia 13 de 42 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Lousame vén de estrear o novo parque infantil do Sanguiñal

E. P.   | 24.07.2019 
A- A+

LOUSAME O Concello de Lousame vén de estrear un novo parque infantil no Sanguiñal (na parroquia de Tállara), cunha superficie de 231 metros cadrados e seis xogos, entre os que destaca a primeira tirolina do municipio. Nos últimos anos o Concello lousamiá leva investidos máis de 250.000 € na construción e mellora das áreas recreativas.