El Correo Gallego

Noticia 30 de 35 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Medio Rural autorizou o uso dun tractor para Lousame

E. POUSO   | 06.03.2019 
A- A+

Lousame. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, a cesión temporal dun tractor e dous apeiros (unha rozadoira de brazo e unha trituradora suspendida traseira), que seguirá sendo propiedade do Goberno galego, pero estará a disposición deste concello para a prevención dos incendios forestais e para facilitarlle aos municipios beneficiados os traballos de limpeza de matogueira no ámbito das súas competencias.

A Consellería de Medio Rural acordou tamén con vinte rexedores de toda Galicia os convenios para a adquisición doutros tantos vehículos para a roza, que serán utilizados para o mesmo fin nestas localidades. Ademais, continuará con esta iniciativa e en breve achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros este ano, para poder mercar novos tractores, ata chegar a trinta e cinco neste mesmo exercicio.