El Correo Gallego

Noticia 6 de 36 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Mulleres lousimiás participaron nun curso de defensa persoal

E. P.   | 15.06.2019 
A- A+

LOUSAME Unha decena de mulleres de Lousame participaron esta semana no Curso de defensa persoal e autocapacidade para mulleres e mozas, tres sesións de adestramento físico e psíquico para saber como actuar ante diversas situacións problemáticas mediante técnicas de autodefensa. Unha iniciativa organizada polo Concello lousimiá.