El Correo Gallego

Noticia 14 de 25 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Oito veciños de Lousame participaron no terceiro taller de manexo do móbil

Obradoiro dirixido ós maiores, terá unha cuarta edición que comeza o 15 de maio

Oitos persoas foron ó curso de manexo do móbil - FOTO: ECG
Oitos persoas foron ó curso de manexo do móbil - FOTO: ECG

M. C.   | 23.04.2019 
A- A+

Oito veciños e veciñas de Lousame remataron onte a terceira edición do Curso de Manexo do Móbil para persoas maiores, unhas sesións gratuítas organizadas polo Concello lousimián para que os veteranos do municipio aprendan a sacarlle todo o partido aos seus teléfonos e dispositivos similares. Uns obradoiros impartidos por persoal dos Servizos Sociais e que teñen lugar ao longo de cinco semanas, a razón dunha hora semanal.

Durante o ciclo de sesións, as persoas de máis idade adquiren os coñecementos precisos para un eficaz uso dos seus aparatos móbiles: saber conectarse a unha rede wifi, aprender a facer e enviar fotos, saber usar o WhatsApp, consultar as redes sociais ou o seu correo, sen esquecer a descarga de aplicacións prácticas (para pedir cita médica, ler a prensa ou escoitar a radio no teléfono).

Para un maior aproveitamento das clases, os grupos son reducidos, de 8 a 10 persoas. Dende os Servizos Sociais de Lousame destacan a boa aceptación dos talleres, pois coa lista de agarda desta terceira edición vaise celebrar unha cuarta, que dará comezo o vindeiro 15 de maio, e o concello convou xa unha quinta, que terá lugar no verán.