Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 21 de 55 noticia anterior de Lousame Área de Compostela » Lousame

Pichel asiste a un taller de rap no Concello lousamiá

Rapaces de Lousame participaron nun obradoiro de rap impartido por Vella Escola - FOTO: ECG
Rapaces de Lousame participaron nun obradoiro de rap impartido por Vella Escola - FOTO: ECG

M. C.   | 17.07.2019 
A- A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, visitaron aos rapaces e rapazas do Campamentos de Verán, que incluíron un obradoiro de rap impartido por Vella Escola enmarcado no proxecto de iniciativas presentado polo Concello lousamiá. "Estivemos vendo o que poden aprender os rapaces e rapazas con este tipo de iniciativas, que son moi enriquecedoras para eles dende o punto de vista da creatividade e a innovación", destacou Pichel. Esta actividade forma parte do proxecto Mocidade en movemento apoiada pola Xunta a través da liña de axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude.