El Correo Gallego

Noticia 10 de 196 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Alumnado do obradoiro de emprego acondiciona o Monte do Bolo en Noia

M. C.   | 14.02.2020 
A- A+

O alumnado do obradoiro de emprego promovido polos concellos de Lousame e Noia está a realizar estes días prácticas nos espazos naturais do municipio noiés. Unhas prácticas que deron comezo en xaneiro no Monte do Bolo, que esta semana se están a concentrar na contorna do local social de Barro e que continuarán nos próximos días en zonas verdes de Bergondo e San Paio, así como na área recreativa da Barquiña, entre outras.

Os 20 alumnos estanse a formar na especialidade de aproveitamentos forestais, polo que "están a realizar un importante labor de roza, limpeza, podas, retirada de especies invasoras e posta en valor das nosas zonas verdes", explicou a concelleira de Emprego, Beatriz Rosende.

Neste sentido, o traballo levado a cabo no núcleo de Barro permitiu mesmo descubrir un vertedoiro incontrolado de lixo cando se quitaron unhas plantas invasoras que había na zona. "Atopamos sobre todo colchóns e restos de obra que tivemos que retirar dende o Concello co tractor", puntualizou a edil.