El Correo Gallego

Noticia 25 de 120 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Arranxan uns cincocentos metros de aglomerado na rúa Castelao do Barro

Tamén continúan coa campaña preventiva contra o picudo que foi iniciada no 2016

M. T.   | 19.05.2019 
A- A+

Noia. O Concello de Noia vén de acometer as obras de mellora da rúa Castelao, un tramo de cincocentos metros de longo con dous carrís, na parroquia de Barro. Unha actuación orzamentada en 47.640 euros e que se realiza con cargo ao remanente de Tesourería, de acordo co crédito extraordinario aprobado en pleno o pasado 26 de marzo e confirmado o día 30 do pasado mes.

O mandatario local, Santiago Freire, explicou que "estamos mellorando un camiño no que hai ano e medio se fixo unha pavimentación con triplo rego pero onde vimos a necesidade de arranxar ese firme con aglomerado".

Por outra banda, o Concello noiés continúa coa campaña preventiva contra o picudo nas árbores de titularidade municipal posta en marcha hai tres anos e que permite que todas elas estean nun correcto estado sanitario. Así, durante a xornada do mércores procedeuse á aplicación do tratamento fitosanitario nas palmeiras da Alameda da localidade.