El Correo Gallego

Noticia 81 de 100 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Charlas sobre seguridade e simulacros nos colexios de Noia

M. C.   | 06.03.2019 
A- A+

Noia. O Concello de Noia e Protección Civil organizan unha serie de charlas sobre seguridade e simulacros de evacuación que terán lugar en todos os centros escolares do municipio. "Comezaremos no IES Campo de San Alberto e despois seguiremos no resto de centros educativos para poñer en práctica as medidas de emerxencia e comprobar a efectividade dos protocolos de actuación de cada escola ante unha situación sobrevida", explicou a concelleira de Protección Civil, Ángela Neri.

Os coloquios serán impartidos polo xefe de Protección Civil de Noia, Eduardo Moledo, quen adianta que "lles explicaremos aos alumnos e alumnas as medidas de protección que ten o edificio: alarmas, extintores... e ensinarémoslles como actuar nun caso de emerxencia e a forma máis segura para realizar un desaloxo eventual do centro". Así, a primeira sesión está prevista para a mañá do venres 22 de marzo.