El Correo Gallego

Noticia 35 de 183 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Comezan as obras para mellorar o edificio da casa consistorial noiesa

M. T.   | 03.10.2019 
A- A+

O Concello noiés vén de iniciar as obras de mellora do alumeado e mobiliario do inmoble da casa consistorial, un proxecto que conta co ditame favorable da Comisión de Seguimento do Plan Especial de Reforma Interior e Conservación Artística do Casco Histórico de Noia. Os traballos supoñen unha inversión de 39.892 €.