El Correo Gallego

Noticia 88 de 100 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Complementan a atención ós usuarios en Misela ca achega de Obra Social 'la Caixa'

E.POUSO   | 02.03.2019 
A- A+

Noia. A Asociación Misela de Noia vai a poñer en marcha varios proxectos destinados tanto ós usuarios do Centro de Día e Ocupacional como do Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá (Ediat), a través dunha achega de 12.000 euros concedida pola Obra Social 'la Caixa'. Desplazáronse ás instalacións do colectivo para facer entrega desta doazón, Giuseppe Scassa, director dunha das oficinas de CaixaBank no municipio, e o responsable de acción social da entidade fiancieira, Gonzalo Balseiro.

Gracias a esta axuda van desenvolver múltiples formacións. "Pondremos a andar unha aula de estudio para os nenos que precisan apoio e reforzo nas actividades escolares; un taller de horticultura terapéutica que inclúe obradoiros de xardinería e viveirismo; a aprendizaxe da produción de velas; a elaboración dunha curtametraxe protagonizada por persoas usuarias; e a continuidade do programa de autoxestores de ocio", comentou a presidenta da organización, Mari Carmen Hermida.

Levaranse a cabo este ano e "resultan fundamentais para complementar a atención ofrecida dende Misela", dín.