El Correo Gallego

Noticia 40 de 127 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Cursos de vela da Deputación para a mocidade de Boiro e Outes

C. G.   | 07.05.2019 
A- A+

Noia. Un total de 240 nenas e nenos da provincia da Coruña aprenderán a navegar a vela este verán coa Deputación. Os concellos de Boiro, Outes, Fisterra, Malpica, A Coruña e Ortigueira acollerán este ano, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto, os cursos da campaña de vela 2019 do organismo. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos municipios que serán sede da actividade. Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna (www.dacoruna.gal/deportes),

En concreto, o de Boiro desenvolverase do 1 ao 5 de xullo e poderán anotarse no Concello entre os días 3 e o 19 do vindeiro mes de xuño. Pola súa banda, o de Outes vaise celebrar entre o 8 e o 12 do vindeiro mes e o prazo para apuntarse é o mesmo.