El Correo Gallego

Noticia 20 de 196 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Empezan mañá na Casa do Torno os talleres para crear a Senda dos Faros

Preténdese que os principais axentes do territorio lle dean forma ó itinerario de 1.315 km

S. S.   | 06.03.2020 
A- A+

O establecemento de turismo rural A Casa do Torno de Noia acollerá mañá ás 17.00 horas un obradoiro de participación pública co que se inicia o calendario de actividades en diversas localidades do litoral galego para darlle forma á Senda dos Faros de Galicia, que hoxe será presentada ás dez da mañá no consistorio de Rianxo.

Trátase dun itinerario de 1.315 quilómetros repartidos en 56 etapas, de interese paisaxístico, para fomentar o descubrimento de todo o litoral e pór en valor os recursos territoriai. Búscase, ademais, a conexión con outras rutas alternativas de valor cultural e etnográfico.

Para o desenvolvemento deste importante proxecto asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio e Fundación Galicia Sustentable.

No programa de a­ctuacións contémplase un proceso de participación pública executado pola consultora Territorio Raso. Esta fase contará cos principais axentes do territorio para a identificación de problemas (respecto ó trazado proposto e á xestión existente), a concreción de obxectivos e a definición de medidas e accións.