El Correo Gallego

Noticia 61 de 102 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Entrega dos diplomas da Escola de Pais e Nais en Noia

E. P. NOIA  | 04.05.2019 
A- A+

O Concello de Noia fixo entrega o xoves dos diplomas da Escola de Pais e Nais, un programa que contou cunha trintena de asistentes divididos en dous grupos. O alcalde, Santiago Freire Abeijón; a concelleira de Ensino, Ángela Neri, e a psicóloga que coordina esta iniciativa, Rocío García, foron os encargados de dar os certificados a preto de vinte participantes. O acto celebrouse no salón de plenos da casa consistorial.