El Correo Gallego

Noticia 101 de 141 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Estrea banco con vistas o miradoiro noiés de San Lois

Dende o banco do miradoiro de San Lois vese toda a ría de Muros-Noia - FOTO: C. de Noia
Dende o banco do miradoiro de San Lois vese toda a ría de Muros-Noia - FOTO: C. de Noia

E. P.   | 24.03.2019 
A- A+

NOIA O Concello de Noia vén de sumarse á moda de dispoñer bancos singulares nun dos mellores miradoiros da comarca: o do monte San Lois, emprazado a 363 metros de altura.

"Trátase dunha zona privilexiada e cunhas vistas espectaculares, pois nun día despexado pódense ver toda a ría de Muros-Noia, Porto do Son e Queiruga a un lado, o Monte Louro de fronte... Unha panorámica moi fermosa que estou convencida que van desfrutar tanto veciños e veciñas como a xente que se achegue ou veña facendo sendeirismo", dixo a edil de Medio Ambiente, Ángela Neri.

A colocación tivo lugar o pasado venres, despois de que se achandara e limpara o terreo onde xa está dispoñible. A concelleira fixo un chamamento "ao civismo e a conservar en condicións o mobiliario público".