El Correo Gallego

Noticia 5 de 186 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Fomentan a empregabilidade en Noia con experiencias reais

No Encontro Sectorial Historias de Emprendemento catro profesionais de diferentes ámbitos faláronlle aos participantes das súas vivencias e negocios // A finalidade é impulsar novas oportunidades de colaboración

Pichel, 1ª esquerda, xunto aos emprendedores e a mocidade noiesa que participou no encontro - FOTO: Xunta
Pichel, 1ª esquerda, xunto aos emprendedores e a mocidade noiesa que participou no encontro - FOTO: Xunta

MARÍA CANO   | 19.12.2019 
A- A+

Fomentar o desenvolvemento persoal e profesional da xente nova para mellorar as súas opcións de empregabilidade era o obxectivo do Encontro Sectorial Historias de Emprendemento levado a cabo onte no Espazo Xove de Noia. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a esta xuntanza, onde destacou a relevancia das competencias persoais básicas como a comunicación na busca de emprego.

Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Política Social, procura ofrecer ferramentas para que as mozas e mozos adquiran coñecementos e valores por medio de novas figuras profesionais para descubrir nas súas paixóns posibles saídas profesionais. Con tal fin, establécese unha dinámica de diálogo entre a xuventude da zona e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Nesta ocasión, o encontro contou coa participación de xente moza emprendedora como Esperanza Mara, soprano e profesora; Roberto Paulino, fundador da academia de robótica WeRobots; Luis Pazos, creador da marca Rompente Clothing; e Pablo Castiñeira, presidente da Asociación Vella Escola. Preto de 100 mozos escoitaron as historias de vida e de negocio destos profesionais.

Nas pasadas semanas desenvolvéronse actividades deste tipo na maioría de Espazos Xove de Galicia (Ourense, Vilagarcía, Tui, Viveiro, Lalín, Pontedeume, Betanzos, Carballo e Curtis) enfocadas, entre outras cousas, ás potencialidades de diferentes eidos. Nelas os participantes puideron escoitar os testemuños das experiencias de profesionais de diferentes ámbitos, como por exemplo do deporte, da gastronomía ou do mundo audiovisual, entre outros. Os últimos espazos que acollerán estes encontros sectoriais serán Chantada, no día de hoxe, e Vilalba, o próximo ano.

Lembrar que o proxecto Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692 euros, o 75 % financiado con fondos Feder, e terá unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do programa: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

{ BLANCO O NEGRO }

Importante elegir bien

por desgracia, uno no siempre elige una profesión por vocación. Y, sin embargo, escoger bien el campo en el que te gustaría trabajar el resto de tu vida y el grado de felicidad son variables muy relacionadas entre sí. Aunque parezca mentira, no todos llegan a conseguirlo. De ahí la importancia de fomentar entre la juventud este descubrimiento vocacional... y nada mejor que hacerlo a través de experiencias reales de jóvenes emprendedores. A la larga se darán cuenta de que si están en el ámbito correcto, se sentirán satisfechos personalmente y serán más felices. Por eso deben impulsar acciones de este tipo, que ayuden a optar por el camino acertado.

A PROTAGONISTA

Cristina Pichel

Directora xeral de Xuventude

"CREAR ESPAZOS DE COOPERACIÓN"

A través deste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza diferentes actividades que "buscan impulsar o emprendemento, a empregabilidade e a adquisición de habilidades das mozas e mozos de Galicia, así como crear espazos de participación e cooperación na que a xuventude poida traballar nos seus propios proxectos", sinalou Cristina Pichel. Entre elas destacan as xornadas de coaching que se celebraron este outono en todos os Espazos Xove co obxectivo de apoiar á xente nova no seu itinerario persoal e profesional baixo o nome Crea o teu camiño profesional; ou a actividade Fomento do emprego xuvenil feminino que se puxo en marcha coa Asociación de Executivas de Galicia para promover a formación e prácticas non profesionais en empresas para favorecer a inserción no mundo laboral de corenta mozas.