El Correo Gallego

Noticia 20 de 139 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Freire delegará na Xunta a selección dos policías locais

M. T.   | 26.07.2019 
A- A+

O Concello de Noia delegará na Xunta de Galicia os procedementos para a selección de axentes e auxiliares da Policía Local e vixiantes municipais. O acordo tomouse no último pleno, celebrado o pasado martes, cos votos a favor do PP, N.O.I.A. e o BNG, negativo do PSOE e a abstención da Marea Cidadá.

O concelleiro responsable da Policía Local, Julio Bustelo, explicou que a decisión vaise traducir nunha maior axilidade e un considerable aforro económico á hora de convocar e cubrir prazas de efectivos para a forza de seguridade municipal.

Pola súa banda, o alcalde noiés, Santiago Freire, sinalou que o Concello gañará en eficiencia ao evitar o traballo administrativo que a Xunta efectuará sen custo para o erario municipal.