El Correo Gallego

Noticia 84 de 100 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Labarta contará en abril cun parque canino que terá un circuíto de obstáculos

E. P.   | 05.03.2019 
A- A+

Noia. O Concello de Noia investirá 20.000€ na construción dun parque canino en Labarta, que contará con seis elementos de agility, unha modalidade deportiva para cans. A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explicou que "ocupará unha superficie duns 300 metros cadrados da explanada, preto da nova pista de skate, e contará cunha fonte e un dispensador de bolsas para recoller as deposicións dos animais".

Está previsto que os traballos de construción do recinto, que estará convintemente valado no seu perímetro, comecen a mediados deste mes de marzo, polo que podería estar operativo en abril.

"Con esta actuación damos resposta a unha gran demanda veciñal, que nos viña reclamando dun espazo no que facer deporte coas súas mascotas e con ese circuíto de obstáculos conseguiremos que tanto a mente coma o corpo do cadelo estean en plena forma", apuntou, finalmente, a rexedora.