El Correo Gallego

Noticia 80 de 143 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Manuel López intervirá coa súa poesía en Mostra Blanca

A.F.   | 11.04.2019 
A- A+

Noia. Dende principios desta semana a biblioteca municipal de Noia exhibe unha mostra fotográfica denominada Mostra Blanca. Hoxe, ás 20.30 horas, o centro cultural Lustres Rivas de Ribeira vai dar cabida a un recital poético, que baixo o mesmo nome, complementará a exposición.

Ambas iniciativas xorden do noiés Manuel López, autor do libro Antítese nativa e participante en publicacións colectivas como 21 poemas por man propia, que ten no seu haber o Premio de Poesía Concello de Mos, o Suso Vaamonde Poesía, o IB Rosalía de Castro ou o Virxe do Mar.