El Correo Gallego

Noticia 89 de 127 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Melloras nas parroquias de Noia con cargo ao remanente

Levarase ó vindeiro pleno ordinario do martes 26 o plan de investimentos locais

E. POUSO   | 23.03.2019 
A- A+

O Concello de Noia investirá máis de 500.000 euros, procedentes do remanente de Tesourería, en acometer un completo plan de melloras nas distintas parroquias en materia de saneamento, abastecemento, acondicionamento de camiños e parques. Un programa de 21 actuacións que será aprobado na sesión plenaria que se celebrará o vindeiro martes, 26 de marzo, en forma de crédito extraordinario.

O alcalde, Santiago F­reire, explicou que "executaranse traballos en distintos ámbitos cos que pretendemos dar resposta ás peticións da veciñanza e solucionar carencias detectadas dende a Corporación". Neste sentido, o rexedor salientou en especial as obras en saneamento e abastecemento, que concentran o 25 % do total, preto de 130.000 euros.

Así, levarase a cabo a eliminación dun vertido de augas fecais no cruce da Xílgara; destinaranse 48.390 euros a habilitar un aparcamento en Bergondo; arranxaranse as rúas Castelao e Calzadiña; e realizarase a conservación do camiño de Roo a Castro e das instalacións infantís en Orro e San Lázaro, entre moitas outras actuacións.

Cabe recordar que todas se levarán a cabo con cargo ao remanente, que ascende a un total de 3.107.881 €, dos que 1.766.155 € son a parte dispoñible para os gastos xerais.