El Correo Gallego

Noticia 12 de 118 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Misela recibe unha furgoneta adaptada para o transporte

FOTO: ECG
FOTO: ECG

E. P.   | 28.05.2019 
A- A+

A deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, fixo entrega dunha furgoneta adaptada de nove prazas con plataforma eléctrica á asociación Misela de Noia. A dotación forma parte da liña de subvencións en concorrencia competitiva pola que a citada área outorga en total catorce vehículos para o traslado das persoas usuarias.