El Correo Gallego

Noticia 22 de 177 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Nenos noieses fórmanse en bos hábitos nas estradas

M. C.   | 26.11.2019 
A- A+

Os escolares do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, de Noia, xa forman parte desde a pasada semana da campaña da Xunta O corazón está do teu lado, que ten como obxectivo fomentar hábitos responsables nas estradas entre os máis novos. Así, os rapaces deste centro educativo xa se iniciaron nas actividades propostas nas unidades didácticas coas que tamén traballarán co profesorado ao longo de todo o curso escolar, para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

Esta iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, en colaboración coa de Educación, vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente sensibilice aos menores duns 40 centros. Este programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda. Busca que se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan tamén á dos demais.