El Correo Gallego

Noticia 111 de 141 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia abre as portas da Feira do Comercio cunha gran acollida

Centenares de veciños e visitantes achegáronse onte a Feira do Comercio - FOTO: ECG
Centenares de veciños e visitantes achegáronse onte a Feira do Comercio - FOTO: ECG

MARÍA CANO NOIA   | 16.03.2019 
A- A+

Centenares de veciños e visitantes acercáronse onte ao pavillón polideportivo Agustín Mourís que acolle a edición número 13 da Feira do Comercio de Noia. No acto de apertura do certame estiveron a directora xeral de Consumo, Sol Vázquez Abeal; o alcalde noiés, Santiago Freire; a concelleira do ramo, Mariola López; e o presidente da asociación Noia Histórica, Francisco Pérez. "Esta feira consolídase como un proxecto empresarial que xorde para despedir a campaña invernal con artigos de calidade, a profesionalidade dos comerciantes e uns prezos interesantísimos", afirmou López.

O responsable da entidade organizadora comentou que "vivimos momentos moi convulsos pero eu atisbo o futuro con esperanza. O sector sempre sabe adaptarse aos novos tempos, e en breve presentaremos unha plataforma de venda online que permitirá que os negocios locais se coloquen nesta nova canle de distribución". Tras o anuncio de Pérez, Sol Vázquez salientou que "a vila ten potencial turístico e tamén no ámbito hostaleiro e do comercio. Estamos nun momento de cambio onde se move moi axiña e hai que reinventarse. Noia Histórica é un exemplo anticipándose con ese proxecto que meterá o concello na rede".

O evento de oportunidades, cuxa entrada é gratuita, continúa ata mañá en horario ininterrompido. Conta con vinte e catro expositores de moda para adultos e infantil, deporte, lencería, calzado e complementos, que venden os seus produtos a custo de liquidación. Tamén hai un stand dedicado á construción e outro da Asociación de Saúde Mental A Creba.

Moitos foron os nenos que visitaron onte o recinto, xa que o cartel inclúe inchables, diferentes obradoiros, ludoteca e maxia. Ademais, hai servizo de cafetería para todos os que se acheguen.