Miércoles 23.10.2019 Actualizado 20:47
Google    

El Correo Gallego

Noticia 55 de 160 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia abre o prazo para solicitar espazo na Feira Medieval

E. P.   | 31.05.2019 
A- A+

NOIA O Concello noiés abre do 1 ao 15 de xuño o prazo para presentar as solicitudes para a instalación de postos na Feira Medieval de Noia, que terá lugar do 12 ao 14 de xullo, e o pago da taxa correspondente, que oscila de acordo coa lonxitude do mesmo como coa especialidade da venda. Os modelos de solicitude e a documentación requirida están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal.