El Correo Gallego

Noticia 11 de 196 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia acollerá 4 seminarios do programa formativo da USC para maiores de 50

Impartiranse do 18 de marzo ó 17 de abril, e irán acompañados de obradoiros e visitas

S. S.   | 27.02.2020 
A- A+

O Concello de Noia e a Universidade de Santiago van poñer en marcha por segundo ano o programa gratuíto de formación universitaria para maiores de 50 anos Camiños de coñecemento e experiencia. Este ano impartiranse catro seminarios cos seus obradoiros correspondentes, por parte de docentes de dita universidade, do 18 de marzo ó 17 de abril. Hai 30 prazas e as matrículas poden formalizarse no consistorio ata o 17 de marzo.

O primeiro, sobre o papel das familias na educación, será impartido o día 18 de marzo por Agustín Godás, profesor de Psicoloxía, quen tamén tutelará o taller de estilos educativos parentais o 20 de marzo no edificio municipal de Servizos Administrativos.

O 23, Álvaro Dosil, profesor de Ciencias da Educación, impartirá outro sobre os cen anos de historia do cine galego e o 24, un obradoiro de narrativa cinematográfica. Anxo Rodríguez, profesor de Xeografía e Historia, dará o 25 a clase sobre as terras de Noia durante a Idade Media e Moderna, e o 31 guiará unha visita ao Museo das Laudas de Santa María A Nova.

Finalmente, o día 3 de abril José A. Rodríguez Añón e Jorge Proupin Castiñeiras, profesores de Física, ofrecerán o seminario sobre o cambio climático e guiarán unha visita á planta de compostaxe de Lousame o 17 de abril.