El Correo Gallego

Noticia 7 de 170 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia acolleu a primeira fase do torneo League of Legends

FOTO: M.C.
FOTO: M.C.

M. C.   | 08.10.2019 
A- A+

O Espazo Xove de Noia acolleu o sábado a primeira fase do I Torneo League of Legends, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. O alcalde noiés, Santiago Freire, e a edila Laura Salgado achegáronse a animar aos participantes. Trátase dun proxecto a través do cal a Xunta promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos nos 12 espazos xestionados pola Administración galega.