El Correo Gallego

Noticia 67 de 100 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia aproba finalmente un crédito extraordinario co que investirá 508.000 euros en diversas obras

Aprazaron para outro pleno a modificación da Relación de Postos de Traballo

E. P.   | 09.05.2019 
A- A+

O pleno municipal de Noia aprobou o martes de xeito definitivo a habilitación dun crédito extraordinario con cargo ao remanente de tesourería por importe de 508.137,85 euros. Trátase dunha contía que servirá para acometer 21 obras distintas. Esta operación financeira recibiu os votos a favor do goberno (PP e NOIA) e as abstencións dos grupos da oposición (PSOE, Marea Cidadá e BNG).


Para a aprobación final destes investimentos foi preciso desestimar unha alegación presentada polo concelleiro Manuel Seijas, de Marea Cidadá. O alcalde noiés, Santiago Freire, destacou que esta, segundo os informes técnicos municipais, carecía de calquer fundamento legal.


Tamén deron luz verde cos votos a favor de PP, NOIA, Marea Cidadá e BNG máis a abstención do PSOE, a outro crédito extraordinario, o terceiro de 2019, co que se poderán utilizar algo máis de 48.000 euros de remanentes de tesourería para unha actuación na rede de saneamento no lugar de Sueiro (Argalo).


En canto á proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, acordaron que quedase sobre a mesa para ser debatida e votada nunha próxima convocatoria extraordinaria do pleno. Abstivéronse neste punto Marea Cidadá e o PSOE.


Ademais, aprobouse por unanimidade unha moción presentada polos grupos da oposición para a aplicación dun Plan Municipal de Benestar Animal.