Miércoles 16.10.2019 Actualizado 18:50
Google    

El Correo Gallego

Noticia 11 de 154 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia aproba investir na mellora da rede viaria e en servizos máis de 416.000 €

M. CANO   | 13.09.2019 
A- A+

A Corporación de Noia aprobou onte nunha sesión plenaria extraordinaria a participación do Concello na segunda fase do Plan de Obras e Servizos (POS+) Adicional de 2019. Este paso permitirá investir algo máis de 416.000 euros en catro proxectos de mellora da rede viaria e de servizos de saneamento e abastecemento. Recibiron o voto a favor do goberno (PP e NOIA), do PSOE e do BNG, mentres que o grupo da Marea Cidadá optou pola abstención. A iniciativa con maior envergadura orzamentaria é a reparación da pavimentación entre Ponte San Francisco e San Breixo, á que se destinarán 149.363 euros. Séguelle a pavimentación do camiño de Becollo-Figueira-Vilaboa ata o límite municipal, valorada en 117.640 euros. Para o arranxo da beirarrúa norte na AC-550 na zona do Obre, entre os números 2 e 26, resérvanse 94.734 euros. Finalmente, a mellora da pavimentación en Corral de Ousoño precisará 55.142 euros. Por outra parte, a sesión plenaria aprobou incluír o 16 de xullo (Día da Virxe do Carme, patroa da xente do mar) e o 24 de agosto (San Bartolomeu) como festivos locais no calendario laboral do vindeiro ano.