El Correo Gallego

Noticia 26 de 120 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia asinou un convenio coa Xunta para mellorar a estación depuradora

Investirán 150.000 euros e optimizarase o funcionamento nun prazo breve de tempo

M. T.   | 19.05.2019 
A- A+

Noia. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, veñen de asinar un convenio de colaboración para investir preto de 150.000 euros para a mellora da estación depuradora de augas residuais do municipio.

Este acordo permitirá a optimización do funcionamento efectivo da EDAR no prazo máis breve posible, e vén motivado polos problemas que sufriu a consecuencia das condicións climatolóxicas, causando desprendementos na cuberta e avarías nos cadros eléctricos. Ademais, mellorarase o funcionamento dos bombeos de entrada e nos seus equipos de depuración, nos que tamén se intervirá.

O Concello noiés declarou recentemente a situación de excepcionalidade e emerxencia, pola concorrencia dunha situación de grave perigo para o ecosistema da ría de Muros e Noia, e solicitou á Xunta o apoio e colaboración.

Agora, a consellería comprométese a financiar as obras, e a administración local asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a execución das mesmas.