Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noia conta cun coche híbrido para tarefas medioambientais

O Concello de Noia conta dende onte cun vehículo híbrido destinado a tarefas medioambientais, cuxo orzamento superou os 37.000 euros e dos que o Goberno galego aportou o 73% do custe total. A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata a localidade para facer entrega do coche ao alcalde, Santiago Freire.

En total, nos últimos anos o municipio noiés tense beneficiado de preto de 294.000 euros a través de varias ordes da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Por outra banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, por medio da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de licitar as obras de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da estación de autobuses da vila, por un importe superior aos 270.000 euros. As empresas interesadas en executar os traballos teñen de prazo ata o día 30 para presentar as súas ofertas.

A actuación incluirá o asentamento da soleira do edificio na zona da cafetería, a mellora das carpinterías e solados e o reforzo das baixantes de pluviais do edificio da terminal, así como a instalación dunha nova caldeira.

Mediante estas obras, o departamento que dirixe Ethel Vázquez busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e que respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

03 dic 2019 / 21:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito