El Correo Gallego

Noticia 88 de 141 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia conta xa cun parque canino e un circuíto agility

M.C. NOIA   | 02.04.2019 
A- A+

Xa abriu as súas portas ao público o parque canino de Noia, emprazado nunha parcela de máis de 300 m2 en Labarta e no que o Concello de Noia investiu 20.000 €. Unha instalación que conta cun circuíto de agility (unha modalidade deportiva para o adestramento de cans), unha fonte e un dispensador de bolsas cunha papeleira para a recollida das deposicións.