El Correo Gallego

Noticia 70 de 127 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia continúa co ciclo de charlas na Semana da Historia, dedicada a Berenguel de Landoira

Pechará as xornadas o sábado o artista Serafín Marcos cun pequeno espectáculo

E. POUSO NOIA  | 04.04.2019 
A- A+

Continúan as ponencias da IX Semana da Historia de Noia, que este ano está dedicada ao legado de Berenguel de Landoira, arcebispo de Santiago no século XIV que estivo refuxiado na vila.

A xornada de hoxe desenvolverase na igrexa de Santa María A Nova onde, ás 20.30 horas, terán lugar dúas charlas: <i>A chave do reino</i>, do arqueólogo Xepe Torres, e <i>As claves de Santa María a Nova</i>, de Concha Allut, licenciada en Historia da Arte. Mañá na casa da cultura o xeógrafo Pedro García falará de <i>A muralla de D. Berenguel: memoria urbana da vila de Noia</i>.

O sábado, ás 19.00 horas, X. M. Sánchez Sánchez, do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, impartirá unha conferencia sobre <i>Papado, cidade e arcebispo. Berenguel de Landoira, Xoán XXII e a revolta da cidade de Santiago</i>. As xornadas da Semana da Historia noiesa pecharanse cunha performance de Serafín Marcos, titulada <i>Un frade do Languedoc no Portus Apostoli</i>.