El Correo Gallego

Noticia 2 de 177 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia corre contra o cancro e aspira a superar o récord do ano pasado

Terá lugar o sábado e iníciase ás 17.00 horas na Alameda noiesa da man da AECC española

Imaxe da presentación do evento solidario - FOTO: ECG
Imaxe da presentación do evento solidario - FOTO: ECG

M. CANO   | 19.09.2019 
A- A+

A quinta edición da Marcha contra o Cancro de Noia, que terá lugar este sábado, ás 17.00 horas, aspira a superar o récord marcado o ano pasado de 1.850 participantes. Unha iniciativa solidaria organizada pola delegación noiesa da Asociación Española contra o Cancro (AECC).

O evento foi presentado polo alcalde, Santiago Freire, quen estivo acompañado polo coordinador da proba, Juancho Balderrábano; pola presidenta e vogal de Noia Histórica, Yanira Somoza e Mary Pombo, respectivamente; e pola concelleira de Deportes, Laura Salgado.

Durante a carreira, con saída e meta na Alameda da vila, os participantes farán un percorrido de tres kilómetros polo casco histórico e o paseo marítimo da localidade.

Para colaborar, só é preciso anotarse na proba e aboar cinco euros, que inclúen unha camiseta conmemorativa. Poden inscribirse nos establecementos adheridos a Noia Histórica ata hoxe. Tamén será posible apuntarse diante do consistorio mañá, de 18.00 a 20.00, e o sábado, de 10.30 a 16.45 horas.

O mandatario local fixo un chamamento á participación e lembrou que "todo o que se recade será doado á investigación contra o cancro".