El Correo Gallego

Noticia 58 de 102 noticia anterior de Noia Área de Compostela » Noia

Noia habilitará un refuxio para animais abandonados

Actualmente contan con dous canís.
Actualmente contan con dous canís.

M. CANO   | 28.04.2019 
A- A+

NOIA O Concello de Noia traballa na habilitación dun refuxio para animais abandonados no municipio. O alcalde, Santiago Freire, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri Arufe, achegáronse o venres ata as dependencias da Agrupación de Protección Civil noiesa, no polígono de Augalevada, para valorar a posibilidade de instalar o albergue a carón destas instalacións. "Estamos avaliando distintas alternativas para poder así presentarlle unha proposta á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, coa que manteremos unha reunión de traballo a próxima semana", explicou o rexedor. Na actualidade, as citadas dependencias contan con dous canís onde se recollen temporalmente os cans abandonados na localidade.